Unha Brigada deseucaliptizadora de Galicia actuará na Serra da Estrela, en Portugal
A acción decorrerá entre os días 28 de abril e 1 de maio.
As xornadas, que decorrerán entre os días 28 de abril e 1 de maio, están organizadas desde o proxecto europeo Erasmus+ Vemo-nos no monte!. Esta iniciativa céntrase na aprendizaxe de persoas adultas basada no traballo práctico, buscando xerar unha maior capacitación na xestión de especies exóticas invasoras, con énfase nas especies de acacia.
O campamento terá a súa base en Figueiró da Serra, no concello de Gouveia, e dará continuidade ao anterior encontro transfronteirizo celebrado o pasado mes de febreiro a ambos os dous lados da fronteira no Xurés/Gerês, e ás accións organizadas o ano pasado en terras galegas e portuguesas.
Trátase dun proxecto que impulsan, do lado galego, a Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais de Galicia e Norte de Portugal) como coordinador, a Fundación Montescola e Verdegaia, e do lado portugués, À escuta e Veredas da Estrela.
- outras intervenções das Brigadas deseucaliptizadoras
As brigadas deseucaliptizadoras chegan a Lousame para recuperar o bosque autóctono
O voluntariado da asociación Verdegaia colaborará coa comunidade de monte veciñal en Vila Coba para eliminar brotes de eucalipto e reforestar a zona con árbores autóctonas.
A comunidade do Monte Veciñal en Vila Coba, en Lousame, é un último territorio que vén de incorporarse ás Brigadas Deseucaliptizadoras. A iniciativa amplía deste xeito os territorios nos que realiza o seu traballo na procura de eliminar as especies exóticas e invasoras naqueles lugares onde existen terreos de entidades que queren recuperar o bosque autóctono.
Así, as persoas brigadistas colaborarán con esta entidade nunha zona de varias hectáreas que foi deseucaliptizada pola comunidades. Nesta ocasión, as Brigadas contribuirán a eliminar rebrotes de eucalipto para posteriormente, no inverno, reforestar a zona con árbores autóctonas. O traballo comezará o próximo 21 de maio e terá como punto de encontro o Campo de Fútbol de Vila Cova. Para participar é necesario estar inscrito como Brigadista e terse anotado aquí previamente para a realización da actividade.
Ao longo do 2021 as Brigadas realizaron 16 intervencións en 7 lugares propiedade de comunidades de montes e asociacións veciñais. No que vai de 2022 xa levan intervido en 7 localidades con 11 accións.
As Brigadas Deseucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordinar persoas de todo o país "con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas persoas titulares dos terreos". Traballan, así, sobre aqueles espazos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras.
Data: 17-04-2023
Fontes/Links:
https://verdegaia.org/brigadas/como-participar
https://www.youtube.com/watch?v=mlKe7e92o_o
ΦΦΦ
Sem comentários:
Enviar um comentário
contribua e comente!
obrigado!